
CULTURACTIVA “CIRCULA FORZUDOS”
MARTES 1 DE AGOSTO ÁS 20.30 H. NO CANTÓN DA LEÑA
(SE CHOVE NO TEATRO ELMA)
O humor e o absurdo son os fíos que tecen a trama dun espectáculo de dous atletas, dous cómplices que se compenetran realizando trucos imposibles fronte ao público. Resgo, desastre, sorpresa y surrealismo crúzanse coa impecable técnica en forma de portés, acrobacias aéreas, malabares imposibles e fogo. Sempre en formato de clown, agochados baixo a aparencia de superacróbatas, de grandes magos ou de malabaristas matematicamente perfectos.
Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.