Charla sobre afectividade e sexualidade
Sábado 12 de agosto, de 11:00 a 13:00 horas no auditorio do museo Valle-Inclán da Pobra.
A actividade consistiría en proporcionar información precisa para disipar as dúbidas dos mozos e mozas , axudándolle no desenvolvemento, coñecemento, autonomía e adquisición das habilidades precisas para acadar unha saúde sexual integral, baseada na igualdade, o respecto e a responsabilidade. Abordaríanse temas sobre anticoncepción, infeccións de transmisión sexual.. e orientación educación sobre aspectos afectivos, emocionais e sociais.