O ATURUXO DE MELPÓMENE: “TERAPIA DE BAR”
DOMINGO 12 DE NOVEMBRO ÁS 19.00 h NO TEATRO ELMA
A ENTRADA É DE BALDE ATA SE ENCHE-LA CAPACIDADE DO LOCAL
“Terapia de bar”
O bar “Da Costa” non é na costa. É un bar perdido no medio do monte onde rara vez para ninguén. A propietaria do bar e os seus dous únicos clientes habituais, movidos polo aburrimento e polo seu desequilibrio psíquico, deciden converterse en salvadores da humanidade e elaboran un plan para eliminar do mundo os vicios culpábeis de tódolos males do ser humano.
Cada cliente que teña a má sorte de entrar comprobará nas súas carnes as terríbeis terapias que lle aplicarán os “salvadores”: acupuntura con coitelos de matar porcos, hipnose ou exorcismos con litros de licor café. Cada terapia elimina efectivamente cada vicio, aínda que tamén pode elimina-lo propio paciente.
Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.