III XORNADAS DE DIVULGACIÓN DA CIENCIA “MULLER E CIENCIA”
Os próximos 17 e 18 de novembro terán lugar a partir das 18.00 h as III Xornadas de Muller e Ciencia, no Auditorio do Museo Valle-Inclán.
Expertas na ciencia contarannos temas de moito interese, mulleres de recoñecida traxectoria profesional:
CARMELA VALIÑO VÁZQUEZ. Licenciada en Bioloxía pola USC. Socia fundadora de Milhulloa S. Coop. Galega e Muuhlloa Cosméstica SL.
“Da terra ao laboratorio. 5 mulleres=3 proxectos”
ANA JESÚS LÓPEZ DÍAZ. Doutora en Física pola USC, profesora titular de universidade na área da Enxeñaría Mecánica. Presidenta da AMIT-Gal. Directora da Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña.
“O láser aplicado á conservación do patrimonio”
MARIA ROSA MOSQUERA LOSADA.Doutora en Ciencias Biolóxicas. Profesora titular da universidade, Dpto. de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría. Presidenta da EURAF e da Asociación Española de Sistemas Agroforestais. Coordinadora de Global Research Alliance.
“Os sistemas agroforestais e a prevención de incendios: xestionando o territorio mediante a mitigación e adaptación ao cambio climático.”
RAQUEL BARBOSA LORENZO.Médica especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública no hospital Lucus Augusti.
“Radon e os seus efectos sobre a saúde”
ENTRADA DE BALDE. DIRIXIDO A TODA A CIDADANÍA