
Actos 8 de marzo, Día Internacional da Muller
Coma tódolos anos, celebrámo-lo 8 de marzo, Día Internacional da Muller, recoñecido pola ONU dende 1975, como unha xornada para reivindica-la igualdade social entre os xéneros: non só a igualdade de dereitos, senón tamén de oportunidades.
Da Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal, querémosvos convidar a sumarvos á concentración reivindicativa ás 20 h na praza do Cantón da Leña. A seguir, no auditorio do Museo Valle-Inclán, todas e todos poderemos participar no foro feminista.
Contamos convosco!!
https://www.facebook.com/igualdadeapobra