
NABIZA GIRL. ISABEL RISCO
Domingo 3 de decembro ás 19.00 h no teatro Elma
A actriz Isabel Risco presenta o seu espectáculo “Nabiza Girl”.
A protagonista é Chelo García Naveira, unha personaxe inventada pola intérprete, que, coa pasaxe do tempo, configurou un dos seus alter ego artísticos.
O humor, a idiosincrasia galega e as historias absurdas mestúranse na pel de Nabiza Girl, unha superheroína do rural galego con denominación de orixe protexida e cuns poderes que proceden do sulfato.
Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal.
A entrada é de balde ata se completa-la capacidade do local.