
MONOLOGANDO NO ELMA
A Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal organiza para o mes de decembro o ciclo “Monologando no Elma”, que inclúe un total de 3 monólogos, 2 deles en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.
A primeira representación é no 3 de decembro coa actriz Isabel Risco e o seu espectáculo “Nabiza Girl”.
No domingo 10, xa coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña, Cándido Pazó, recoñocido pola súa traxectoria como contador de historias e monologuista, trae ó Elma “Memorias dun neno labrego”.
E para rematar este ciclo no domingo, 17 de decembro, dentro da programación da Rede Cultural, visitaranos Manuel Manquiña co seu “Monológo”.
Todos estes espectáculos terán lugar no teatro Elma ás 19.00 h e sempre a entrada é de balde ata se completa-la capacidade do local.