![](https://apobra.gal/wp-content/uploads/2017/12/MANQUIÑA.jpg)
MANUEL MANQUIÑA "MONÓLOGO"
Para rematar este ciclo, no domingo, 17 de decembro, dentro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña, visitaranos Manuel Manquiña co seu “Monólogo”. Este grande actor non precisa presentación, é o rei indiscutíbel dos monólogos.
Que Manquiña estea presente nun evento é símbolo de calidade e éxito asegurado. Seguro que na Pobra non nos defraudará.
Este espectáculo terá lugar no teatro Elma ás 19.00 h e a entrada é de balde ata se completa-la cabida do teatro.
Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal.