
UN XOGUETE, UN MUNDO
A Concellaría dos Servizos Sociais do Concello da Pobra do Caramiñal pon en funcionamento un ano máis a campaña informativa do Nadal Un xoguete, un mundo, co fin de ofrecer a toda a poboación a información que axude a unha boa elección dos xoguetes.
Así mesmo, preténdese concienciar e sensibiliza-la cidadanía da importancia que ten o xogo e de fomenta-lo uso de xoguetes que transmitan valores positivos e educativos.
Para levar a cabo esta iniciativa foron elaborados uns folletos en que se dan unha serie de consellos prácticos para ter en conta. Esta información será distribuída polas distintas dependencias oficiais, centros educativos e asociacións do municipio.