PREMIADOS NO CONCURSO FOTOGRÁFICO DAS I XORNADAS MICOLÓXICAS DA POBRA DO CARAMIÑAL
Dentro do prazo de entrega, foron presentadas oito fotografías ó concurso, de catro participantes. Foron recibidas algunhas imaxes que non puideron tomarse en consideración pois as persoas autoras non solicitaran a inscrición previa.
As fotografías foron enviadas sen identificación da autoría ós membros do xurado para a súa valoración.
O xurado estivo composto por:
-
1 representante dunha asociación micolóxica: José Luis Rico Simal, da asociación micolóxica Cogordos
-
1 representante da casa da cultura: Xosefa Sanisidro Caamaño
-
1 representante do Concello con coñecementos técnicos en fotografía: Sergio Pérez Boullón
Valoraron catro apartados:
-
TÉCNICA: exposición, diafragma, velocidade, sensibilidade, profundidade de campo, apreciación do suxeito representado, enfoque…
-
COMPOSICIÓN: liñas que guíen a mirada, pesos visuais compensados, rómpense regras pero hai un significado, regra dos terzos…
-
ORIXINALIDADE: busca un punto de vista innovador, atractivo visual, transmite sensacións, valor do retratado…
-
HABILIDADE: a dificultade de capta-la toma, os coñecementos necesarios que implica e se están correctamente aplicados.
Tralas votacións as tres imaxes gañadoras son:
1.º premio, cun total de 44 puntos: a fotografía número 1, da persoa participante co número de inscrición CFIXM_01
2.º premio, cun total de 39 puntos: a fotografía número 8, da persoa participante co número de inscrición CFIXM_04
3.º premio, cun total de 36 puntos, a fotografía número 6, da persoa participante co número de inscrición CFIXM_03
Os premios, consistentes en bonos de compra na plataforma web de comercio local https://www.deanshop.es/ , serán polo tanto para:
• 1.º premio, un bono polo valor de 300 €:
• 2.º premio, un bono polo valor de 200 €:
• 3.º premio, un bono polo valor de 100 €:
Este resultado, ademais de ser publicado na web municipal, seralles comunicado ás persoas participantes por correo electrónico.
Os bonos serán enviados nos próximos días ás persoas premiadas ó correo electrónico que utilizaron para a inscrición.
Agradecemos ós membros do xurado e ó Centro Comercial Aberto Deán a súa colaboración e a tódalas e tódolos participantes o seu interese.
RESTO DE FOTOS PARTICIPANTES: