
“RETRINCOS", DE CASTELAO, CON ISABEL RISCO E FRAN REI
TEATRO ELMA, DOMINGO 21 DE XANEIRO ÁS 19.00 h
Culturactiva presenta os cómicos Fran Rei e Isabel Risco en “Retrincos“, de Castelao, un achegamento ao humor na obra do inmortal autor de Rianxo, figura fundamental da historia da Galiza. A través dos seus textos, coa dirección de Diego Rei, fan un divertido percorrido polo traballo deste intelectual, achegándonos á súa enxeñosa e fascinante forma de ve-la Galiza do seu tempo. Ofrécenno-lo mosaico dunha realidade galega atemporal, que nos antecede e que nos outorga raíces.
A través dun ollo de vidro que dá nova forma á realidade poderemos ser quen de presencia-la vida dos homes e mulleres que habitaron esta terra. Grazas a ese ollo seremos quen de comprendermos realmente a nosa historia e o noso presente.
Apto: dende 14 anos
Organiza: Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal