O novo libro de Laura Novelle presentarase na Pobra no 19 de xaneiro
Unha mestura de thriller policial e novela romántica cunha trama cun potente fondo histórico é o que poden atopa-las lectoras e lectores nas páxinas do novo libro de Laura Novelle: Todo lo que he callado. A autora dará a coñecelo ante o público pobrense no 19 de xaneiro, ás 20.00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán.
A concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e María José Pacheco Etchevers, mestra xubilada, licenciada en Xeografía e Historia, acompañarán a escritora, historiadora e divulgadora na presentación.
Novelle conta xa cunha fecunda traxectoria literaria e, nesta obra de ficción, céntrase na historia de León Cantud, un membro da policía científica dedicado ós labores administrativos a quen lle cambiará a vida a investigación dun caso.