
HERDEIRAS
A Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal, con motivo do Día Internacional da Muller, presenta no teatro Elma o libro-CD da cantante Carmen Penim.
É un proxecto no cal colaboran as herdeiras e herdeiros (fillas, fillos, netas e netos) das represaliadas na guerra civil e posguerra. Así, no libro-disco pódese escoita-la música de Carmen Penim, sobre poemas de Helena Villar, Carmen Blanco, Eva Veiga, Marga do Val e Marta Dacosta.