
SEMANA SANTA 2018
A Pobra do Caramiñal, vila histórica, conmemorará a Semana Santa como vén sendo tradición nas diferentes parroquias, especialmente nas céntricas: Santa M.ª a Antiga do Caramiñal e Santiago do Deán.
Dende venres 23 de marzo ata domingo 1 de abril as rúas encheranse de procesións:
Venres das Dores – 23 de marzo ás 21:00 h procesión da Virxe das Dores
Sábado de Paixón – 24 de marzo ás 20:30 h concerto da banda de música Ateneo Musical da Pobra do Caramiñal na Igrexa de Santa M.ª a Antiga do Caramiñal
Domingo 25 de marzo ás 11:30 h e ás 12:00 h procesións de Ramos
Xoves Santo – 29 de marzo ás 19:00 h procesión dende a igrexa do Caramiñal; a partir das 19:30 h procesión do Bico de Xudas e a Sentenza
Venres Santo – 30 de marzo ás 11:00 h procesión do Encontro, a partir das 19:30 h procesión do Santo Enterro e ás 23:00 h procesión dos Caladiños
Sábado Santo – 31 de marzo as 21:15 h procesión da Soidade
Se precisa saber máis detalles da programación, pódenos solicitar información enviándonos un correo a turismo@apobra.gal ou chamándonos ó 671 090 262 ou ó 687 482 835.