
FESTA FEMINISTA 25, 26 E 27 MAIO
Esta fin de semana celebrarase na Pobra a Festa Feminista, cunha multitude de actividades para tódalas idades. Teremos un obradoiro de autodefensa, unha charla sobre sexo, concerto a cargo de Voodoo, presentación dunha asociación feminista de xente moza da Pobra, poesía, música, obradoiro de arte feminista, contacontos, animacións teatrais Receitas pola igualdade, crebacabezas sobre estereotipos de xénero, obradoiro de maquillaxe, venda de deseños feministas, exposicións de fotografías, photocall, presentación da Guía de linguaxe non sexista…..e moitas cousas máis.
VENRES, SÁBADO E DOMINGO NA PRAZA DO EMIGRANTE E NOS XARDÍNS DE VALLE-INCLÁN