GUÍA DE LINGUAXE NON SEXISTA
PORQUE O QUE NON SE NOMEA NON EXISTE
Este sábado día 26 de maio, e dentro das actividades programadas na Festa Feminista, terá lugar a presentación da Guía de linguaxe non sexista; será no Auditorio do Museo Valle-Inclán ás 20:30 h.
A presentación correrá a cargo de Pilar Ponte Patiño, profesora de Lingua Galega do IES da Pobra do Caramiñal, e de María José Pérez Piñeiro, asesora xurídica á muller no Concello da Pobra. Tamén intervirá a concelleira da Igualdade da Pobra, Rosario Varela Fernández.
Versión PDF da guía premendo na seguinte ligazón: Guía de linguaxe non sexista