
VIAXES. TURISMO IMSERSO 2018-19
As persoas que desexen adherirse ao programa de Turismo do IMSERSO para a tempada 2018-19 teñen xa aberto o prazo de presentación de solicitudes, un prazo que se presenta en dúas fases:
- Primeira: a partir do 16 de maio e ata o 14 de xuño, recibirán acreditacións para os primeiros días de comercialización do programa
- Segunda: a partir do 15 de xuño de 2018 e ata o 26 de febreiro de 2019, para recibir acreditacións posteriormente
A sede electrónica do IMSERSO permite descargar a solicitude e tramitala por vía telemática, sendo tamén posible o envío aos enderezos de correo postal habituais.
Os/as interesados/as en ter máis información, poden consultar as bases da convocatoria na páxina web oficial do IMSERSO, ou dirixirse ás oficinas de Servizos Sociais situadas na rúa Castelao.