Viaxes en Caramarán – Cíes
Viaxe ás illas Cíes dende A Pobra do Caramiñal en catamarán:
Será no domingo 22 de xullo, o prazo para se anotar remata no martes 10 de xullo.
A hora de saída estimada será ás 9:30 h do porto náutico da Pobra do Caramiñal e o regreso das illas será ás 18:30 h aproximadamente.
O custo por persoa é de 25 € (menores ata 11 anos de balde), que deberán aboar directamente á navieira Bahía Sub.
Para se anotaren débense dirixir ó persoal situado no Museo Valle-Inclán, en horario de martes a sábado de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 h; chamando ó 671 090 262; ou escribindo ó enderezo de correo el. turismo@apobra.gal
Deben proporciona-lo seu nome, os apelidos e o número de documento de identidade, ademais do teléfono de contacto.
Se finalmente a Administración non nos outorgar ese permiso de acceso ás illas, veriámonos na obriga de anula-la viaxe e tódalas persoas serían avisadas.
Organiza a Concellaría do Turismo da Pobra do Caramiñal.