
O CAPITÁN GARFO “COCIÑANDO MÚSICA”
Cociñando Música é un concerto de pop electrónico onde un particular Capitán Garfo prepara un nutritivo e divertido menú musical co que a rapazada aprenden de forma sinxela e motivadora uns bos hábitos alimentarios, a importancia dun almorzo saudable, a poñer unha mesa ou a facerse amig@s das verduras e ensaladas.
Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración co programa “Cultura no camiño” do AGADIC.