PISTACATRO: OUTONO
SÁBADO 29 DE SETEMBRO ÁS 18.00 h NO TEATRO ELMA
Con motivo dos dez anos do nacemento de Pistacatro, a emblemática compañía do Novo Circo Galego dá o seu mortal máis arriscado: Outono, un novo espectáculo no cal reúne os seus fundadores para celebra-lo “máis difícil aínda”: facerse maior.
Outono é unha homenaxe ós pallasos clásicos, contada a través dunha compañía de clowns en plena crise. Un espello en que se miran os artistas e as súas personaxes, unha lona caída onde se suceden as estacións.
Outono é un espectáculo de teatro-circo, con música en directo, que nos conta a viaxe nostálxica de catro artistas ó seu pasado; unha celebración da amizade e dos fracasos, unha reivindicación de ser idiotas, unha mirada poética ó antigo oficio dos pallasos. Un reencontro cheo de emocións, verdade e humor.
Intérpretes: Aitor Garuz, Manu Lago, Natalia Outeiro Pajarito e Pablo Reboleiro
Entrada de balde
Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.