
MUNDO MÁXICO 3.0
Mundo Máxico 3.0 é un espectáculo no que o mago Pedro Bugarín nos sorprenderá coa maxia tradicional combinada con xogos 3.0, mixturando o máis mítico da literatura clásica co máis moderno das novas tecnoloxías. Especialmente dirixido a nenos a partir de 5 anos, pero aberto a todo o público en xeral.