IV XORNADAS DE DIVULGACIÓN DA CIENCIA “MULLER E CIENCIA”
O vindeiro día 10 de novembro de 16.30 h a 21.00 h terán lugar as IV Xornadas de Muller e Ciencia, no auditorio do Museo Valle-Inclán.
Expertas na ciencia, mulleres de recoñecida traxectoria profesional, contarannos temas de moito interese:.
ELSA VÁZQUEZ OTERO. Doutora en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e catedrática do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo
“Estudo do efecto do cambio climático no marisqueo”
ANA BELÉN CRUJEIRAS. Licenciada en Bioloxía Molecular e Biotecnoloxía na Universidade de Santiago de Compostela e doutora en Fisioloxía e Alimentación pola Universidade de Navarra
“O efecto rebote: unha visión dende a investigación científica no tratamento da obesidade”
MANUELA GAGO DOMÍNGUEZ. Doutora en Epidemioloxía Xenética do Cancro pola Universidade de California, Los Ángeles e licenciada en Medicina e Cirurxía na Universidade de Santiago de Compostela
“Factores de risco do cancro de mama”
MARÍA DE LOS ÁNGELES LÓPEZ AGUERA. Profesora da Universidade de Santiago de Compostela e presidenta do Comité CLRLA da UNESCO. Membro do Panel Internacional para o Cambio Climático
“Enerxías renovábeis e aldeas sostíbeis”
ENTRADA DE BALDE. DIRIXIDO A TODA A CIDADANÍA.