
ESPAZOS DAS FAMILIAS
O Concello da Pobra do Caramiñal ofrece ás familias con nenas e nenos menores de tres anos a posibilidade do encontro e intercambio con outras familias e cun profesional da educación, co fin de que poñan en valor o seu importante papel como educadoras.
Estes encontros denominados Espazos das Familias teñen como fin que os pais e as nais conten cun lugar onde compartiren, debateren e reflexionaren sobre a experiencia da crianza dos nenos e nenas.
É un espazo de formación de pais e nais que se xuntará cada semana, dende o mes de novembro ata xuño, para compartir experiencias e facer actividades para acada-lo mellor desenvolvemento dos seus fillos e fillas.
Para se anotaren poden chamar ás oficinas dos Servizos Sociais, no teléfono 981 832764, ext. 3, ou ben facelo de maneira presencial.