
TÍTERES TROMPICALLO “PLANETA ARDORA”
26 de decembro ás 18.00 h no teatro Elma. Entrada de balde
Houbo un día en que o Planeta Ardora estivo cheo de luz, un día en que florecían as “ adalas”, que asi é como se chaman alí as flores, os “ tulús”, os peixes nadaban na ardora, que é a auga- luz que dá nome ó planeta e que ilumina moitos seres que alí viven. Naqueles días Ardora podíase considerar un planeta feliz…pero (sempre hai un pero, se non, non existirían as historias) todo isto terminou: alguén comezou a espoliar e ensuciar Ardora e con ela o resto de vida, deixando todo sucio e contaminado, e os pobres ardorianos non sabían que facer nin onde ir, vagaban polo planeta ennegrecido tentando atopar un lugar para comezaren de novo… cando un pequeno ser, un verme, nun recunchiño do planeta, é capaz de lles devolve-la esperanza e as forzas para loitaren e tentaren salvar Ardora…Agora só queda por ver se o conseguirán.
O título do espectáculo está inspirado no “mar de ardora”, marabilloso fenómeno de bioluminescencia que se pode observar nas costas da Galiza, entre outras, é e por iso que a nosa auga e algúns seres vivos de Ardora teñen luz.
Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.