
24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro
PEZA DO MES
O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal súmase ás iniciativas interesadas en celebra-la efeméride do DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, este próximo 24 de febreiro, data da nacenza da escritora. Con tal motivo, pon en circulación un cartaz onde se reproduce unha cita breve do universal literato don Ramón en loanza á escritora galega. Así mesmo, como peza do mes, exhibe o retrato fotográfico de Rosalía de Castro e a nota manuscrita que Gala Murguía de Castro lle dedicou a don Victoriano García Martí, agradecida polo empeño do intelectual pobrense en rescata-la obra literaria e recrea-las vicisitudes biográficas da súa nai para a magnífica edición das OBRAS COMPLETAS.