ENTROIDO 2019
ficha-inscrición-concurso-Entroido-19
Entroido na Pobra do Caramiñal: este ano 2019 vén cargadiño de actividades para o Entroido, dende obradoiros de máscaras ata o concurso de disfraces, pasando por desfiles e actividades cheas de música e diversión para tódalas idades.
Comezaremos no venres día 1 de marzo cunha festa no polideportivo da rúa Venecia e remataremos no sábado 9 de marzo co enterro do Felipe do Maño.
Como gran novidade este ano témo-lo Entroido Esperpéntico, baseado e ambientado nas obras de Ramón María del Valle-Inclán, que nos fará volver ós anos 30 e vivi-lo esperpento.
Cabe destacar tamén os concursos de disfraces e o desfile do martes de Entroido que encherá as nosas rúas de alegría e cor. Animámosvos tamén a inscribirvos. Podedes descarga-la folla de inscrición e consulta-las bases nas seguintes ligazóns:
20190228_Bases concurso disfraces Entroido 2019