SENSIBILIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL: as mareas negras
O Concello da Pobra do Caramiñal acaba de remata-las actividades desenvolvidas co colectivo “Unha gran burla negra”, dentro das campañas de sensibilización medioambiental.
A última actividade foi deseñada e executada por un divulgador e educador ambiental especializado. Realizouse no centro público IES da Pobra do Caramiñal, no día 13 de marzo de 2019, para as rapazas e rapaces dos cursos de 1.º da ESO. Consistiu nunha pequena charla do que representa unha marea negra nas costas, en concreto, a orixinada polo Prestige, e as súas consecuencias.
O alumnado tamén arranxou coas súas mans un mural dunha fotografía en branco e negro dunha praia chea de chapapote, dándolle vida de novo con cores plasmadas coas súas mans.
Achéganse unhas fotografías da nosa rapazada desfrutando da actividade.