
BONO CONCILIA (axudas económicas escolas infantís 0-3)
Bono Concilia 2019-20
A Consellaría da Política Social publicou no DOG de 12 de xuño de 2019 as axudas económicas para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos, a través do programa BONO CONCILIA.
O prazo para facer efectivas as solicitudes estará aberto dende 13 de xuño ata 12 de xullo de 2019. Os veciños e veciñas da Pobra do Caramiñal interesadas en obteren máis información ou en formaliza-la solicitude da axuda pódense dirixir ás dependencias do departamento de Servizos Sociais, na rúa Castelao.
EXTRACTO da orde reguladora das axudas:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190612/AnuncioG0425-290519-0002_gl.html
Texto íntegro da dita orde:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190612/AnuncioG0425-290519-0001_gl.html