
Aumenta a oferta de viaxes en catamarán: 14 de xullo, nova Ruta Xacobea Mar da Arousa e Río Ulla
No día 14 de xullo de 2019, o catamarán sairá do porto náutico da Pobra do Caramiñal ás 14:30 h, para o cal é preciso estar 30 minutos antes. A hora de chegada estimada é as 18:30 h, 4 horas de navegación aproximadamente.
Durante a viaxe iranse explicando os lugares de interese. Quen o desexar poderá levar algún petisco, aínda que haberá ágape de empanada e viño.
No catamarán iremos navegando por parte da Ruta Xacobea marítimo-fluvial do Mar da Arousa e Río Ulla, a cal conmemora o traslado do apóstolo Santiago dende Palestina ata Iria Flavia.
É unha ruta de gran riqueza paisaxística e cultural. No seu transcurso polo río Ulla verase a costa de ámbolos lados da ría da Arousa: Boiro, Vilagarcía de Arousa, Rianxo, Catoira e Pontecesures; praias, calas, cabos, enseadas, pontes, os cruceiros que pertencen ó único viacrucis marítimo-fluvial do mundo, as torres de Oeste, ata chegar ó lugar onde reza “Hic fuit corpus beati Jacobi” (“Aquí estivo o corpo do apóstolo Santiago.”). Unha experiencia única!
A empresa navieira só lles devolverá o importe íntegro do billete cando a propia empresa anular esta viaxe por prognóstico meteorolóxico adverso ou por falta dunha cantidade mínima de persoas pasaxeiras.
As prazas son limitadas. As persoas interesadas en calquera das viaxes deben reservar e realiza-lo pagamento antes do día da viaxe, da seguinte maneira:
- A través da páxina web da empresa navieira: piratasdenabia.com.
Tódalas persoas deberán facilita-los seguintes datos: nome e apelidos e número de documento de identificación.
2. Teléfono 986 320 048, no horario de 9:00 a 20:00 h
Tódalas persoas viaxeiras deberán facilita-los seguintes datos: nome e apelidos, número de documento de identificación.
Para realiza-lo pagamento deberá proporcionar un número de tarxeta (nunca o PIN), coma se se tratase dunha compra pola Internet. Recibirá un correo electrónico coa confirmación da compra, que deberá presentar no barco o día da viaxe para retira-los seus billetes.
Informarémolo/a:
- no punto de información turística da Pobra do Caramiñal instalado no Museo Valle-Inclán en horario de martes a sábado, das 11.00 ás 14.00 h e das 18.00 ás 20.00 h
- no edificio do Concello, no 2.º andar, en horario de luns a venres pola mañá
- chamando ó número de teléfono 671 090 262 ou ó 687 482 835
- na páxina do Facebook oficial de Turismo, chamado Turismo A Pobra do Caramiñal, ou tamén a través desta web municipal: www.apobra.gal
É unha iniciativa da Concellaría de Turismo da Pobra do Caramiñal.
NOTA: Aínda se poden anotar tamén ás viaxes ás illas Ons (23 de xuño), Cíes (30 de xuño) e Sálvora (7 de xullo) !!! Teñen aquí toda a información:
https://apobra.gal/viaxes-en-catamaran-as-illas-cies-ons-e-salvora-xuno-e-xullo/
https://apobra.gal/viaxes-en-catamaran-as-illas-cies-ons-e-salvora-xuno-e-xullo/