Unha camelia en honor de Valle-Inclán: 6 de novembro ás 13 h nos Xardíns Valle-Inclán
No día 6 de novembro de 2019, ás 13 h nos Xardíns Valle-Inclán, plantaremos unha camelia, a variedade Valle-Inclán, chamada así en honor ó noso escritor máis famoso. Trátase dunha variedade obtida no ano 2000 por Begoña Franco, en Boiro, a partir de sementes da Camellia japonica.
Este acto estaba previsto inicialmente para mércores 30 de outubro, pero debido ás predicións meteorolóxicas para esa data (fortes choivas), vémonos na obriga de adia-lo evento ata 6 de novembro, ás 13 h