"A compañeira de piso", domingo 10 de novembro no teatro Elma ás 19 h
Programación para maiores de 16 anos no teatro Elma
Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal.
10 de novembro de 2019 ás 19.00 h
Contraproducións presenta “A compañeira de piso“, dirixida por Belén Pichel e Cándido Pazó e interpretada por Patricia Vázquez e Rebeca Montero.
A compañeira de piso trata os temas da idade, a muller e a identidade dun xeito fresco e divertido.
Sinopse: Sharon (Patricia Vázquez), unha ama de casa de cincuenta e pico anos e recentemente divorciada, publica un anuncio para comparti-la súa casa no corazón do rural de Iowa. Sharon procura alguén coma ela, unha compañeira, se cadra unha amiga. A chegada de Robyn (Rebeca Montero) para ocupa-lo cuarto deixa Sharon de pedra xa que non podían ser máis diferentes: lesbiana, vegana, chegada do Bronx… Pero lonxe de se arredar, Sharon comeza a experimentar co estraño (e prohibido) xeito de vida de Robyn sen saber que a súa inquilina procura un refuxio en que se agochar e mudar de vida. Unha comedia negra sobre a capacidade de reconduci-lo tren da propia vida e o que sucede cando este descarrila.