
Foro Muller e Liderado: comezo da programación de actos do Concello da Pobra sobre o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
Neste sábado 23 de novembro de 2019, ás 20 h no auditorio do Museo Valle-Inclán, dáse comezo á programación de actividades da Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal con ocasión da celebración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
A primeira actividade é o foro Muller e Liderado, organizado pola ABAS (a Asociación Barbancesa de Axuda e Solidariedade) e maila Concellaría da Igualdade, en que intervirán as seguintes relatoras, expertas en diversos ámbitos:
-María Xosé Alfonso, exalcaldesa e concelleira de Muros (muller na política)
-Clara R. Cordeiro, socia fundadora e responsábel do departamento de proxectos de 7H Cooperativa Cultural (muller na empresa)
-Laura Cereijo, Unión Intercomarcal Barbanza-Santiago das CC.OO. (muller no sindicalismo)
-Milagros Rey, presidenta da AMBAR (muller no asociacionismo)
Será moderado por Raquel López Martínez (xornalista).
Ademais, farémo-la entrega de premios do II Concurso de Relatos Curtos Historias de Mulleres, organizado pola ABAS e pola Concellaría da Igualdade.
Máis información sobre o dito concurso aquí:
https://apobra.gal/ii-concurso-de-relatos-curtos-historias-de-mulleres-prazo-aberto-ata-10-de-novembro-de-2019-2/