Semana do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller: proseguen as actividades na Pobra do Caramiñal!
Prosegue nesta semana na Pobra a programación da campaña En Negro contra as Violencias.
Coordinan a Concellaría da Igualdade do Concello da Pobra do Caramiñal, o Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello, Vou Films (coa participación da mocidade da Pobra) e a ABAS (Asociación Barbancesa de Axuda e Solidariedade).
Continuaremos a informar polo miúdo de cada acto vindeiro.
Máis información:
https://apobra.gal/dende-18-de-novembro-o-concello-da-pobra-do-caraminal-sumase-a-campana-en-negro-contra-as-violencias/