Continúan as cribaxes na Pobra do Caramiñal
Dándolle continuidade á realización de cribaxes nas actividades profesionais que requiren atención directa ao público, a Consellaría da Sanidade realizou nesta semana probas ás persoas traballadoras do Concello da Pobra do Caramiñal e ás voluntarias e voluntarios da Protección Civil. En total efectuáronse 114 probas no Hospital da Barbanza.
Así mesmo, xa son 304 as persoas traballadoras de negocios do municipio pobrense ás que se lles practicaron a toma de mostras dende que se iniciou o proceso a mediados do presente mes. Abrangue os comercios, asesorías, autoescolas, academias, salóns de peiteados, ximnasios ou supermercados, entre outros.
A Administración local reitera o seu agradecemento ao Sergas por posibilitar estas novas cribaxes e tamén ao sector servizos pola colaboración amosada.