11 e 12 de xaneiro, "Vive, aprende e goza do noso 2020" coa Eiradela na praza Maior (V edición do festival)
Na fin de semana de 11 e 12 de xaneiro gozaremos dun completísimo festival cultural coa Eiradela, na praza Maior da Pobra do Caramiñal. E imos xa pola quinta edición!
Así darémo-la benvida ó ano 2020 cunha morea de actividades centradas na nosa música tradicional.
VIVE, APRENDE E GOZA DO NOSO 2020
11 e 12 de xaneiro
Organiza a A.C. Eiradela.
Promove o Concello da Pobra do Caramiñal.
Programación:
Xornada de sábado 11 de xaneiro de 2020: “A tradición en clave de xénero“
19:00 h ruada e apertura das xornadas con Os “Liantes”
20:30 h obradoiro de baile con perspectiva de xénero: “BAILAR A CANDA OS TEMPOS” por Carmen Campo e Chus Caramés
22:00 h obradoiro de regueifa pola igualdade: “REGUEIFA 2.0”
23:30 h OS DA PORFÍA en concerto
Xornada de domingo 12 de xaneiro: “O tradi é moda”
Apertura de portas ás 12:00 h coa mostra de artesanía coas asociacións Andaina, Pedras Artesanía e Patrimonio, 4eco Barbanza, Alén das Olas, Amorote e C.C. Artesanía
De 12:15 h a 17:00 h vermú ghaiteiro en que participarán
1. Escola de baile e pandeireta Caramiñas (A Pobra do Caramiñal)
2. Asociación cultural Arrancadeira (A Pobra do Caramiñal)
3. Asociación cultural e deportiva Xiada (A Pobra do Caramiñal)
4. Nunca é Tarde (Boiro)
5. Aínda é Sedo (Boiro)
6. As da Canteira (Escarabote)
7. GMBT Tahume (Olveira, Ribeira)
8. Aula de gaita e percusión tradicional da AMPA de Escarabote
9. Asociación cultural Pedra da Aroña (Escarabote)
10. Asociación cultural Xilbarbeira (Boiro)
11. O Son das Ferreñas (A Pobra do Caramiñal)
12. Os Sentenarios (Muros)
13. Asociación cultural Bailadela (Ribeira)
14. Lumieira (Boiro)
15. Tanxedoira (Palmeira)
16. A Dorniña de Abanqueiro (Boiro)
17:00 h obradoiro de baile por Luís Prego: “Iniciación ó baile solto”
18:30 obradoiro/ faladoiro por Sete Espadelas: “A Galicia dos mil panos”
19:30 h obradoiro de baile por Luís Prego: “O maneo”
21:00 h fin da festa con Joel Padín (Vilagarcía)/Xesteiras (Rianxo)/Caraveiros (A Pobra do Caramiñal) e Trécola (A Pobra do Caramiñal)
Tamén haberá, durante todo o domingo, de 12 h a 21:00 h, un obradoiro de olaría a cargo de Alén das Olas, enfocado sobre todo ós pequenos e pequenas.
Non perdáde-la quinta edición do festival da Eiradela de benvida ó novo ano!