Prazo de matrícula ata 17 de xaneiro de 2020 ás 23.59 h (publicadas as persoas admitidas ós cursos gratuítos para os Celga e linguaxe administrativa galega nas EOI)
O SNL (Servizo de Normalización Lingüística) do Concello da Pobra do Caramiñal informa de que xa se publicaron os nomes das persoas admitidas ós cursos oficiais gratuítos preparatorios para os exames dos Celga (os certificados de lingua galega) e mais ós cursos oficiais gratuítos de linguaxe administrativa galega.
As ditas persoas admitidas deben agora formaliza-la súa matrícula ATA 17 DE XANEIRO ÁS 23.59 h
Todos estes cursos oficiais son competencia exclusiva da Xunta e danse na actualidade unicamente nas EOI galegas (nas escolas oficiais de idiomas).
Non obstante, tódalas persoas interesadas poden pasar polo SNL (Servizo de Normalización Lingüística) do Concello da Pobra do Caramiñal (tfn. 981 84 32 80: ext. 2013) para obteren máis información ou mesmo axuda na formalización final da matrícula (ATA 17 DE XANEIRO DE 2020 INCLUSIVE) en todos estes cursos, así como, de se-lo caso, axuda na tramitación individualizada da solicitude de validación por parte da Xunta dos seus estudos académicos persoais por algún dos Celga existentes.
Pódese obter máis informacións sobre os temarios e materiais didácticos para prepara-los exames para consegui-los Celga no Portal da Lingua Galega, a páxina web específica da Secretaría Xeral da Política Lingüística da Xunta: www.lingua.gal
Igualmente, axuda gratuíta e atención personalizada ó longo de todo o ano no Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Pobra do Caramiñal.
https://www.lingua.gal/recursos/para-aprender-o-galego/_/aprendelo/contido_0011/celga
Información relacionada e bases completas reguladoras dos cursos:
https://apobra.gal/prazo-de-inscricion-aberto-ata-10-de-xaneiro-de-2020-cursos-de-galego-gratuitos-de-preparacion-para-os-celga-e-linguaxe-administrativa-nas-escolas-oficiais-de-idiomas/