![](https://apobra.gal/wp-content/uploads/2020/01/BORISKA.jpg)
Boriska presenta "Sueño infantil" 1 de febreiro ás 18 h no Elma
Un show diferente, divertido e familiar onde se mesturan a música, o humor e o xogo. Pompas de xabón xigantes, cómicos/as, bailes e moito máis farán as delicias das máis pequenas e pequenos da casa.
Boriska conta con sorprendentes artistas e moitas novidades que lles farán pasar ós nosos nenos e nenas unha tarde incríbel, onde toda a familia desfrutará e participará no escenario.