Unha exposición sobre a navegación a vela recala na Pobra
Arredor de cincuenta imaxes sobre embarcacións do pasado naval, principalmente da ría da Arousa e da de Muros e Noia, integran a mostra Tempos de vela. A imaxe dos veleiros galegos no século XIX, titulada de igual maneira ca o libro publicado hai máis dunha década por José Ramiro Villoch Herrera. Xunto ás fotografías de reproducións destes navíos, figura unha breve recensión sobre estes.
Este é o froito dun arduo traballo de investigación efectuado por quen, se ben médico de profesión, profesaba unha grande afección polo estudo do pasado da localidade.
A inauguración desta exposición póstuma terá lugar no 8 de setembro, ás 20.00 horas, na casa da cultura Raquel Fernández Soler e contará coa actuación musical de Esperanza Mara.
Durante o acto intervirán a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e Victoria Villoch, filla do falecido médico e escritor, e sortearanse unha quincena de exemplares do dito libro.
Trátase da segunda homenaxe que lle realiza o Concello da Pobra do Caramiñal a este veciño trala presentación de Tiempos de Salazón y Conserva en A Pobra do Caramiñal, obra póstuma de Villoch, efectuada no mes de agosto.
O acceso é libre ata completa-la cabida.