APRAZADOS ATA UN NOVO AVISO: cafés feministas TÓDOLOS SÁBADOS de marzo de 2020: 11.30 h – 13.30 h na aula de estudo do ISM
(O Concello da Pobra do Caramiñal informa a veciñanza de que, por mor da alerta sanitaria actual, tódolos actos públicos fican en suspenso dende 13 de marzo de 2020 ata un novo aviso. Desculpen os inconvenientes.)
Na Pobra do Caramiñal comezámo-las actividades da semana do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, que se celebra tódolos anos dende 1975 para reivindica-los dereitos das mulleres e, especialmente, o seu dereito efectivo á igualdade.
Os CAFÉS FEMINISTAS son un ciclo de 4 sesións onde se tratarán diferentes temas arredor do feminismo. O obxectivo é xerar un espazo de encontro informal e próximo con especialistas en diferentes áreas en que poidamos aprender xuntas. Para isto, proponse un formato de charla en que se tome, ó tempo, un café coas relatoras. O público destinatario son mulleres adultas, se ben se abre a participación a calquera persoa interesada.
Os sábados de marzo para estas sesións son os días 7, 14, 21 e 28 de marzo na aula de estudo do ISM da Pobra do Caramiñal, no horario de 11.30 h a 13.30 h.
Os títulos das charlas do presente ciclo son os que citamos a seguir:
“A sexualidade dende o bo trato” (de Sabela Maceira e Melisa Silva)
“A memoria omitida: mulleres na arte” (de Andrea Jambrina)
“O movemento feminista en Galiza” (de Sara Outeiral Cameán)
“Tecendo a Rede Lila” (con Paula Tubío, psicóloga da Área de Igualdade do Concello da Pobra)
O ciclo péchase cunha sesión a cargo do equipo da Área de Igualdade do Concello da Pobra do Caramiñal en que se pretende recoller achegas e compromisos por parte da cidadanía no deseño e execución de actividades da Área de Igualdade.