
DOMINGO 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: batukada feminista ás 12.30 h na praza Maior
Tódolos anos, no día 8 de marzo celébrase dende 1975 o Día Internacional da Muller, para reivindica-los dereitos das mulleres e especialmente o seu dereito efectivo á igualdade.
A Concellaría da Igualdade do Concello da Pobra do Caramiñal, dentro da súa programación xeral de actividades arredor desta data do 8 de marzo, realizará no domingo un acto reivindicativo coa colaboración de BATUKABRAS, que saíran dende a praza Maior cara ó Concello.
A hora de saída é ás 12.30 h da praza Maior.
O percorrido farase indo pola rúa do Estremo, praza de Maura (Catro Canos), rúa da Unión, praza do Cantón da Leña, praza de García Martí e chegada ó Concello.
Alí, posteriormente, lerase un manifesto.