
As nenas e nenos da Pobra do Caramiñal QUEDAMOS NA CASA moi entretidas/os coas monitoras de "MÓVETE NA CASA!"
As monitoras do Concello da Pobra do Caramiñal xa andan a traballar na iniciativa MÓVETE NA CASA!, para as máis pequenas e pequenos estardes tódolos días do confinamento con moito entretemento e diversión e, coma sempre, QUEDANDO NA CASA con moita ledicia.
Mirade que mensaxe máis simpática vos mandan a tódalas pequenas e pequenos da Pobra e canto vos ides divertir con elas!
Ola, cativos e cativas!👋🏼
Sabemos que estes momentos non son os mellores para todos e todas 😔, pois temos que estar nas nosas casas 🏘 sen podermos saír por mor do coronavirus 🦠😷. Por este motivo, xuntámonos as monitoras 💞 para tratar de facer fronte a esta situación e que poidades pasar un anaquiño de tempo entretido na nosa compañía 👩❤️👩, xa que nós tamén estamos botándovos moooito en falta 😢🥰. Esperámosvos mañá martes coas primeiras actividades 📆. Preparádevos, espérannos unha chea de aventuras 💪🏼🤪!
Unha aperta enorme pequenos e pequenas! 🥰
Deica mañá! 👋🏼♥️
#euquedonacasa 🌈🦠
https://www.instagram.com/movete_na_casa/?igshid=nzjelz238erf
https://www.youtube.com/channel/UC_v_jceEk2WH8ByCqaglBAg
Podedes dende xa ve-los seus vídeos tamén no Facebook MÓVETE NA CASA.




