Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XII visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!
COMO VIAXAR SEN SAÍR DA CASA
VISITA VIRTUAL Ó MUSEO VALLE-INCLÁN
Neste domingo, continuámosvos a ofrece-la vosa visita virtual guiada diaria.
Imos xa pola duodécima xeira do noso ciclo e nela iniciamos unha nova serie de imaxes e de fragmentos literarios de Valle-Inclán, pois pasamos das citas epistolares dos últimos días á súa obra lírica.
E lembrade que tódolos días teredes unha visita virtual guiada a este voso museo, mais sempre QUEDANDO NA CASA!
Peza do día: domingo 29 de marzo de 2020
Don Ramón María del Valle-Inclán
Manuel López Garabal
Óleo sobre lenzo
1973
Orixinal
Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal)
Sol da tarde, que poñía-lo reflexo / Do teu lume afastado, coma un rir de vello, / Na torre daquela casa, niño de fidalgos, / Con aroma de mosto no vestíbulo e galgos / Atados á porta: a casa que foi miña, / De onde peregrino e pobre, saín un día.
(Valle-Inclán: Claves líricas, 1930. Clave XII: “Sol da tarde“)
(Cita orixinal castelá)
Sol de la tarde, que ponías el reflejo / De tu lumbre lejana, como un reír de viejo, / En la torre de aquella casa, nido de hidalgos, / Con aroma de mosto en el zaguán y galgos / Atados a la puerta: La casa que fue mía, / De donde peregrino y pobre, salí un día.
(Valle-Inclán: Claves líricas, 1930. Clave XII: “Sol de la tarde“)