Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XXV visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!
COMO VIAXAR SEN SAÍR DA CASA
VISITA VIRTUAL Ó MUSEO VALLE-INCLÁN
Valle-Inclán
Tinta sobre papel
Siro [Siro López]
1999
Facsímile
Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal)
(Peza do día: sábado 11 de abril de 2020)
O enigma belo de tódalas cousas é a súa posibilidade para seren amadas infinitamente. Cristo Señor Noso cifrou no amor a suma perfección e a súa divina norma, prodixio de prodixios, ten o aspecto inxenuo dunha flor no campo. O mortal que resolvese en amor tódalas súas accións volvería ó estado primitivo de sobrenatureza e vería o rostro de Deus. Este milagre prodúcese na éxtase […] Amar é comprender e a éxtase é a rosa mística do coñecemento, polos seus camiños tornamos a ve-lo mundo baixo o orballo sagrado da primeira aurora e, aínda que sexa unha graza concedida a poucos, non por iso haberán de se nega-los seus dons.
(Valle-Inclán: A lámpada marabillosa. Exercicios espirituais, 1916)
(Cita orixinal castelá)
El enigma bello de todas las cosas es su posibilidad para ser amadas infinitamente. Cristo Señor Nuestro cifró en el amor la suma perfección, y su divina norma, prodigio de prodigios, tiene el aspecto ingenuo de una flor en el campo. El mortal que resolviese en amor todas sus acciones, volvería al estado primitivo de sobrenaturaleza y vería el rostro de Dios. Este milagro se obra en el éxtasis […] Amar es comprender, y el éxtasis es la rosa mística del conocimiento, por sus caminos tornamos a ver el mundo bajo el rocío sagrado de la primera aurora, y aun cuando sea gracia concedida a pocos, no por ello habrán de negarse sus dones.
(Valle-Inclán: La lámpara maravillosa. Ejercicios espirituales, 1916)
Lembren que poden consulta-las pezas comentadas nas outras visitas virtuais na área propia do Museo Valle-Inclán, nesta ligazón:
https://apobra.gal/category/museo-valle-inclan