
Como presentar pola Internet baixas na Seguridade Social SEN CERTIFICADO ELECTRÓNICO
O Concello da Pobra do Caramiñal informa a cidadanía de como presenta-las baixas na Seguridade Social pola Internet, logo de se recibiren varias consultas pedindo a dita información sobre como realizalas, xa que hai moitas persoas que non teñen certificado electrónico e non o poden facer na sede electrónica.
Unha opción sería entrega-la documentación de maneira presencial no rexistro do Concello da Pobra, e logo trasladariámola a través do SIR (Sistema de Intercomunicación de Rexistros).
Pero como o rexistro municipal funciona de maneira presencial só para circunstancias excepcionais, aconsellamos empregar mellor a páxina da Seguridade Social, xa que permite entregar documentación sen certificado electrónico.
Aquí deixámo-los pasos de como facelo, entrando na dita páxina.
Pódense descargar estes sinxelos manuais onde se ven os pasos por seguir (arquivo Word e arquivo PDF):
Manual presentación de escritos na SEGURIDADE SOCIAL
Manual presentación de escritos na SEGURIDADE SOCIAL