Información do Concello da Pobra, 15 de abril de 2020: suspensión temporal de taxas, impostos e prezos públicos municipais
Hoxe, mércores 15 de abril de 2020, aprobouse mediante unha resolución da alcaldía a modificación do calendario fiscal do exercicio 2020.
Trátase dunha medida adoptada como consecuencia do estado de alarma en que nos atopamos, durante o cal o cesamento de actividades económicas de grande importancia está a producir un grande impacto económico e social. Ademais as limitacións ós desprazamentos da cidadanía impostas co gallo de reduci-la mobilidade, na loita para impedi-lo contaxio do Covid-19, dificultan moitos trámites administrativos no departamento de recadación.
Por todo isto,
1.º: suspéndese o único prazo en vigor, que é o cobro do imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM).
2.º: Tamén se suspende a posta ó cobro de taxas e prezos públicos
(consulta-la resolución).
3.º: Tampouco se iniciarán procedementos de recadación por vía executiva.
A nova data de pagamento será estabelecida mediante unha resolución da alcaldía unha vez perda vixencia o estado de alarma.
RESOLUCIÓN ÍNTEGRA EN PDF:
Resolución da aprobación da modificación dos prazos de pagamento IVTM e outros