Prazo ata 16 de xuño ás 23.59 h para se inscribir nos exames dos Celga (certificados de lingua galega)
O SNL (Servizo de Normalización Lingüística) do Concello da Pobra do Caramiñal lémbralle á cidadanía interesada que os exames para obte-lo Celga (certificado de lingua galega) que habitualmente son en xuño foron adiados pola Xunta ata setembro ou outubro, segundo for evolucionando a situación sanitaria por mor do Covid-19.
Tampouco non hai previstos proximamente cursos oficiais preparatorios para os ditos exames dos Celga (cursos de competencia exclusiva da Xunta).
As persoas que se queiran matricular para se poderen presentar ós exames no outono (en Santiago de Comopostela ou en Ponferrada) pódeno facer ata 16 de xuño de 2020 ás 23.59 h cubrindo o formulario da solicitude nesta ligazón:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PL500C&ano=2020&numpub=1&lang=gl&gateway=true
O importe correspondente á inscrición nas probas dos Celga é de 16,59 euros.
O pagamento das taxas previas á inscrición pódese facer na Oficina Virtual Tributaria (https://ovt.atriga.gal/), mediante a tarxeta ou cargo na conta, ou ben presencialmente en calquera entidade financeira colaboradora coa Xunta, logo de cubri-lo impreso de pagamento que está na dita Oficina Virtual Tributaria.
Para máis información ou axuda poden contactar co SNL (Servizo de Normalización Lingüística) no teléfono do Concello da Pobra do Caramiñal, 981 84 32 80, extensión 2013.
Máis información sobre o sistema dos Celga, temario e guías (sobre a presente convocatoria e as futuras) no Portal da Lingua Galega (Secretaría Xeral da Política Lingüística) da Xunta:
https://www.lingua.gal/recursos/para-aprender-o-galego/_/aprendelo/contido_0011/celga