Mudanza da mesa electoral do polideportivo da rúa Venecia para a casa da cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal (eleccións 12 de xullo de 2020)
Atención! Aviso importante de cara ás eleccións autonómicas do día 12 de xullo de 2020!
A mesa electoral que se instala habitualmente nun local do pavillón polideportivo da rúa Venecia non conta coas condicións necesarias para que poida usarse respectando as distancias mínimas exixidas pola normativa de medidas de prevención fronte ó Covid-19.
Polo tanto, o Concello tivo que buscar un espazo alternativo, que vai se-la casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler.
O cambio xa está comunicado ó INE (Instituto Nacional de Estatística) pero pode ser que as tarxetas censuais non recollan aínda o dito cambio.
Rogámo-la máxima difusión desta mudanza entre a cidadanía para que lle chegue a toda a poboación afectada. O Concello procurarao comunicar da maneira máis directa posíbel, pero agradecémo-la colaboración cidadá para que o antes posíbel a nova situación sexa do coñecemento público.
Fotografía da casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler, realizada por Abelardo Soler Torrente (ABSO)