Obradoiros de conciliación do verán de 2020: 25 de xuño a 9 de setembro (en 4 quendas) Inscrición ata 22 de xuño (quenda 1.ª)
Neste verán de 2020 vai haber obradoiros de conciliación, pero serán en diferentes quendas (ata 4 quendas), como medida de precaución por mor da crise sanitaria derivada do Covid-19.
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN para as actividades da primeira quenda: 22 de xuño de 2020
O Concello da Pobra do Caramiñal quere que as nosas nenas e nenos desfruten dos obradoiros coa máxima seguranza sempre, empregando a máscara protectora cando for preciso.
As saídas e entradas das nosas nenas e nenos serán graduadas.
Respectarase sempre a capacidade máxima permitida dos espazos, como medida de precaución.
Amplíanse os espazos e as medidas de limpeza.
Servizo de comedor e servizo de madruga
Actividades ó ar libre
Organizan a Concellaría da Igualdade e a Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal.