Viaxes en veleiro pola ría da Arousa nas fins de semana de xullo e de agosto
O veleiro Mascato estará no porto da Pobra do Caramiñal este verán!
Sábados e domingos dende 18 de xullo de 2020 ata 30 de agosto poderase navegar pola ría da Arousa dende A Pobra do Caramiñal para divisa-las bateas, as embarcacións e a paisaxe.
O traxecto guiado será de 1 hora e 30 minutos. Sairá en quendas de mañá e de tarde ás 11 h, 13 h, ás 17 h e 19 h
Os prezos por persoa son 12€ por persoa adulta e 8€ por nen@ menor de 12 anos. As familias con máis dun neno ou nena terán un desconto.
A reserva e compra previa de tíckets débese realizar no punto de información turística da Pobra do Caramiñal.
CABIDA MÁXIMA DO VELEIRO: 10 PERSOAS
Máis información chamando ó 671 090 262 ou escribindo a turismo@apobra.gal
Reserve a súa praza canto antes!
Iniciativa organizada e cofinanciada pola Concellaría de Turismo da Pobra do Caramiñal.