Habilítase unha zona para o desenvolvemento do autocine Lúa Chea no Barbanza
O venres 21 e sábado 22 chega á Pobra o autocine Lúa Chea no Barbanza. Por esta razón, habilitouse a zona que aparece na imaxe para o desenvolvemento da actividade.
Ademais, permitirase o estacionamento de vehículos na praza Maior durante todo o día nas dúas xornadas mencionadas anteriormente. Deste xeito, compénsanse as prazas de aparcamento. Despois do sábado, a situación volverá á normalidade.